Casi cien mil euros para distintas obras en "la huerta del cura" de Torbeo.-
Información publicada en Facebook por el concello.
🚧🌳 COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA HORTA DO CURA EN TORBEO
Nos últimos días comezaron as obras de acondicionamento da Horta do Cura, en Torbeo, un espazo que se transformará nunha área de lecer, deporte e convivencia, mellorando tamén a súa accesibilidade e os servizos dispoñibles.
🏀⚽ As actuacións previstas inclúen:
🔹 Nova área deportiva polivalente, completamente pavimentada, con porterías, canastras, sinalización pintada e peche perimetral.
🔹 Mellora da zona de lecer, co acondicionamento das barbacoas e do parque biosaudable existente.
🔹 Instalación dun minipunto limpo, que facilitará a recollida selectiva de residuos e estará adaptado para o seu transporte co camión IVECO do Concello.
🔹 Recuperación e mellora da fonte tradicional, mediante pequenos traballos de reparación e acondicionamento.
🔹 Mellora da accesibilidade, coa adecuación de varios camiños de acceso ao recinto.
💶 O investimento total ascende a 99.808,79 euros, financiados ao 100 % pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), da Xunta de Galicia.
🌿 Con esta actuación queremos recuperar e poñer en valor un espazo tradicional de Torbeo, converténdoo nun lugar máis accesible, funcional e atractivo para o encontro, o deporte e o lecer de persoas de todas as idades. As melloras teñen valor sempre e, no verán, poderán ser disfrutadas pr unha grande cantidade de persoas que regresan a Torbeo desde moitos lugares, ano tras ano.




