Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2026

🏗️ MELLORA DO ACCESO Á CAPTACIÓN DE AUGA DE TORBEO

Imagen
Información publicada en el Facebook del Concello.- Comezaron as obras de «Mellora de acceso á captación de Torbeo», unha actuación que permitirá aos veciños e veciñas chegar en vehículo ata moi preto da captación, facilitando os traballos de coidado e mantemento das instalacións. 💧 A actuación inclúe tamén a mellora da propia captación, coa instalación de novas arquetas e o seu peche perimetral, evitando así o acceso de animais. 💶 O investimento total ascende a 17.029,84 euros, con cargo ao Plan Deputación. Esta obra completa outras dúas actuacións realizadas recentemente para mellorar o sistema de abastecemento de Torbeo: o peche perimetral do tanque de auga, executado polos propios veciños coa colaboración do Concello, e a substitución da tubaxe desde a captación ata a estación de filtros, realizada mediante unha subvención da Deputación de Lugo concedida en 2025 a AVETO (Asociación de Veciños de Torbeo ). Nos medios https://ribeirasacraxa.com/news/comezan-en-ribas-de-sil-as-obras...

🔨 AVANZAN AS OBRAS NA FONTE E LAVADOIRO DA VENTOSA

Imagen
Información publicada en el Facebook del Concello. O alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, supervisou, xunto coa directora do Obradoiro de Emprego, Verónica Quintela, os traballos de acondicionamento da Fonte e Lavadoiro da Ventosa, en Torbeo. As obras avanzan a bo ritmo grazas ao traballo do monitor e dos sete alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego SILLOR XII, que están a recuperar e poñer en valor este elemento do noso patrimonio etnográfico. 💧 Unha actuación que responde tamén a unha petición da veciñanza de Torbeo e que permitirá conservar e mellorar un espazo tradicional ligado á historia e á vida da parroquia. 👏 Grazas ao equipo do Obradoiro polo traballo e pola implicación.