Una excelente noticia para todo el territorio afectado, entre el que se encuentra Torbeo.- Nuestra ¡Enhorabuena! para todos aquellos que lo han hecho posible. A continuación el texto integro de la noticia publicada por DIARIO DE QUIROGA " Esta xornada de xoves 11 de abril de 2019 é un día histórico para a comarca de Quiroga, e tamén para Galicia. A ilusión de todo un territorio convértese hoxe en realidade. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura vén de comunicar, durante a 206ª reunión da súa executiva, que se está a celebrar en Paris, que as Montañas do Courel xa son oficialmente Xeoparque Mundial da UNESCO . Convértese así no primeiro do noroeste de España. 260 días dende a avaliación A mediados de xullo de 2018 os dous avaliadores enviados pola UNESCO para determinar se as Montañas do Courel merecía contar coa distinción de Xeoparque Mundial realizaron un intenso percorrido polo territorio proposto ...