Co programa: "Cinema de Verán", que se desenvolverá do 1 de agosto ao 11 de setembro e que chegará a 15 concellos da provincia. Na presentación do programa: “Manuel Baltar agradeceu a Florencio de Arboiro "o seu compromiso coa nosa terra, como creador e investigador", e a Aitor Rei "a súa sensibilidade para plasmar nun traballo cinematográfico a calidade humana e o sacrificio dos afiadores". “Ademais da proxección do documental, "a actividade inclúe un coloquio co equipo da película e unha mostra de rodas de afiar do museo Florencio de Arboiro", explicou Aitor Rei, mentres que o propio Arboiro, quen colaborou na localización para a rodaxe e nos contactos cos afiadores, dixo que este proxecto "é unha homenaxe a todos eses homes que levaron polo mundo na súa roda o sentir da provincia de Ourense". Programa No mes de agosto o filme proxectarase nos concellos de Maceda (1 de agosto), Paderne de Allariz (día 3), San Xoán ...