MEDIO RURAL Tronceda: un rural cheo de vida é posible, e desexable As aldeas abandonadas derrúbanse. Porén, de cando en vez, aparecen persoas dispostas a retornar a unha vida en contacto coa natureza. Este é o caso de Tronceda, onde atopamos persoas habitando o rural dun xeito alternativo e anticapitalista, sen perder o contacto co resto das aldeas Elena Martín www.elsaltodiario.com/rural/tronceda Tronceda parece unha aldea parada no tempo, e pasear entre as súas casas de pedra, por camiños sen asfaltar, mentres a bruma o cobre todo ao amencer contribúe a esta sensación. Porén, non hai nada máis lonxe da realidade. Este lugar situado nun lugar privilexiado, a poucos quilómetros de Ourense, nunha das ladeiras que baixan ata o río Sil, e rodeado de natureza, é unha das aldeas da zona con máis vida —entre as súas rúas conviven unha trintena de persoas, sete delas nenos, un récord para esta zona montañosa de Galiza moi atacada polo despob