"Adeus ao meu amigo, Florencio de Arboiro" la carta de despedida de Olegario Sotelo Blanco.
https://www.lavozdegalicia.es Acabo de saber que morreu Florencio de Arboiro, a quen todos coñeciamos como O Escultor. Con Florencio uniume unha amizade que durou toda a vida. El naceu a catro kilómetros da miña aldea, Quintela de Mazaira, e xuntos percorremos durante moito tempo as aldeas da comarca. El sempre andaba nos encoros e nos ríos na procura de cantazos e pezas de madeira que combinaba co latón que fundía compoñendo as súas marabillosas esculturas. Máis tarde escolmou e coleccionou historias e rodas de afiadores para conseguir un material único que repousa na súa casa de Arboiro, quizás agardando que algunha das institucións reúna nun centro de interpretación a cultura que nos legaron os afiadores. Sen dúbida el inspiroume para reconstruír as moitas historias que publiquei sobre estas persoas rexas e orgullosas que no pasado percorreron o mundo levando no lombo a súa industria ambulante. Ademais, Florencio, non só nos legou fermosas esculturas relacionadas coa natureza e ta