Á implantación, o mantemento e mellora de soutos de castiñeiros vai ter axudas da Conselleria de Medio Rural e Mar de 3 millóns de euros.-
Aconselleira do Medio Rural e do Mar clausurou esta mañá a presentación dos resultados do proxecto ”Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia ”. ... O estudo prioriza as variedades de castaña que maior beneficio reportan aos axentes implicados (así como os seus polinizadores), xa que debido ás moitas variedades existentes nun mesmo souto -entre tres e cinco-, os lotes comerciais da castaña galega non son homoxéneos, pois varían moito no tocante a forma, calibre, pelado, dureza. Ademais de seleccionar as mellores variedades, o estudo recolle a adaptabilidade das mesmas en diferentes zonas da Indicación Xeográfica Protexida da Castaña de Galicia para comprobar se os diferentes factores -tales como as xeadas de primavera, as temperaturas ou a seca estival- poden ser limitantes á hora do seu cultivo. Galicia é unha potencia na elaboración e comercialización de castañas, cun volume de negocio de preto de 30 millóns de euros an...