Á implantación, o mantemento e mellora de soutos de castiñeiros vai ter axudas da Conselleria de Medio Rural e Mar de 3 millóns de euros.-
Aconselleira do Medio Rural e do Mar
clausurou esta mañá a presentación dos resultados do proxecto ”Cambio da
estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia”.
...O estudo
prioriza as variedades de castaña que maior beneficio reportan aos axentes
implicados (así como os seus polinizadores), xa que debido ás moitas variedades
existentes nun mesmo souto -entre tres e cinco-, os lotes comerciais da castaña
galega non son homoxéneos, pois varían moito no tocante a forma, calibre,
pelado, dureza. Ademais de seleccionar as mellores variedades, o estudo recolle
a adaptabilidade das mesmas en diferentes zonas da Indicación Xeográfica
Protexida da Castaña de Galicia para comprobar se os diferentes factores -tales
como as xeadas de primavera, as temperaturas ou a seca estival- poden ser
limitantes á hora do seu cultivo.
Galicia é unha potencia na elaboración e
comercialización de castañas, cun volume de negocio de preto de 30 millóns de
euros anuais... (Noticia completa en http://www.xunta.es/notas-de-prensa )
NOS SOUTOS DE TORBEO EN XANEIRO.-