"Os lingüistas din que Torbeo ten raíz céltica, da palabra tor, que indica a elevación dun terreo".
Hoy en el suplemento digital La Voz de la Escuela , de La Voz de Galicia , en una interesante entrevista al profesor MANUEL CAO RODRÍGUEZ. Manuel Cao: «As escolas vellas tíranse agora para facer residencias de maiores» O exprofesor atopou recentemente unha mina romana e pescuda a toponimia local 22 Marzo, 2022 ROI FERNÁNDEZ - M. VARELA Os incendios na zona descubriron no monte un filón de cuarzo vindo dende Valdeorras. «Fun coa miña muller e confirmamos que era unha antiga mina de ouro romana», conta Manuel Cao (San Clodio, Ribas de Sil, 1947). Nada pasa desapercibido para o exdirector do colexio da vila. É o que ten ser curioso. «Gústame ver e, se sospeito, infórmome. Falo coa xente e busco algún libro para saber máis», di o profesor. —Sempre foi así? —Si, gozo moito vendo as cousas. Unha vez, falando cun arqueólogo, pregunteille por unhas pedras e díxome que, se están fóra de contexto, desconfía. Cando vou por aí vou mirando, ata nas paredes podes ver restos de algo. S