A ruta da Cubela en Ribas de Sil abrirá o programa de actividades ‘Actívate’
Información del Diario de Quiroga Unha ruta de sendeirismo en Ribas de Sil inaugurará o próximo sábado, 30 de abril, a segunda edición do programa provincial de actividades gratuítas ‘Actívate’. As persoas interesadas poden inscribirse en inscricions.deputacionlugo.org. En concreto, o traxecto elixido é a ruta da Cubela, cunha dificultade media e unha duración de catro horas e media. O obxectivo da actividade, destinada a persoas maiores de sete anos, coñecer o entorno «dun paisaxe natural e humanizado extremadamente valioso», explican dende a Deputación de Lugo. A ruta coincide co Camiño de Inverno nalgúns tramos e pódense observar monumentos como a igrexa románica de Santa María de Torbeo ou o camiño de Pena Tallada...