"A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura vén de comunicar, ... que as Montañas do Courel xa son oficialmente Xeoparque Mundial da UNESCO"

Una excelente noticia para todo el territorio afectado, entre el que se encuentra Torbeo.-
Nuestra ¡Enhorabuena! para todos aquellos que lo han hecho posible.
A continuación el texto integro de la noticia publicada por
DIARIO DE QUIROGA

"Esta xornada de xoves 11 de abril de 2019 é un día histórico para a comarca de Quiroga, e tamén para Galicia. A ilusión de todo un territorio convértese hoxe en realidade.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura vén de comunicar, durante a 206ª reunión da súa executiva, que se está a celebrar en Paris, que as Montañas do Courel xa son oficialmente Xeoparque Mundial da UNESCO. Convértese así no primeiro do noroeste de España.

260 días dende a avaliación

A mediados de xullo de 2018 os dous avaliadores enviados pola UNESCO para determinar se as Montañas do Courel merecía contar coa distinción de Xeoparque Mundial realizaron un intenso percorrido polo territorio proposto para esta distinción.
Estes expertos, a francesa Sophie Justice e o chino Zhang Jianping, comezaron o seu itinerario nos museos de Quiroga, a igrexa e o túnel de Montefurado, a zona mineira de Margaride e os xeomiradoiros. Nos días posteriores visitaron outros puntos emblemáticos da comarca. Un multitudinario acto de clausura, que congregou a centos de veciñas e veciños da comarca na Praia Fluvial de Ribas de Sil, puxo fin a esta visita.



Clausura avaliacion UNESCO - Diario de Quiroga (28)
Os avaliadores da UNESCO no acto de clausura / Diario de Quiroga

En todo o mundo presentáronse 23 solicitudes de territorios que aspiran a ser recoñecidos con esta distinción. Ao ser as Montañas do Courel unha proposta que se presentaba por primeira vez,unha das posibilidades era que o nomeamento como xeoparque non se conseguise no primeiro intento. Isto supoñería que a UNESCO daría unha serie de recomendacións e, de cumprilas no prazo fixado, o territorio pasaría directamente a formar parte deste selecto grupo de lugares recoñecidos como Xeoparque. Mais, finalmente, podemos celebrar que o coñecido xa comoTerritorio Xeoparque conseguiu esta distinción ao primeiro intento.

Un ano de incansable traballo

Despois da visita dos avaliadores o traballo non parou. Organizársone xornadas de divulgación, como unha mesa redonda sobre Elba, na que se reconstruiu o último día da vida desta pastora courelá de hai uns 9.300 anos; tamén se celebraron no Courel xornadas sobre as pegadas do glaciarismo na zona. Ademais foi presentada a guía xeolóxica Las Montañas do Courel: una geología muy humana durante a celebración dun acto de difusión do patrimonio xeolóxico e gastronómico do territorio, que rematou cunha cata de viños.
Puxéronse en marcha novos edificios, como o Centro de Interpretación das Covas do Courel sito en Moreda. Este lugar pretende ser un recurso turístico de primeira magnitude que non só poña en valor o rural da zona, senón que contribúa á impulsar a actividade comercial e o emprego desta localidade, grazas á chegada de visitantes e especialistas interesados en coñecer este patrimonio natural. Ademais potenciáronse outros, como os museos de Quiroga, que estrearon web e tenda.
Os escolares tamén se implicaron. O GDR organizou un obradoiro audiovisual no que eles elaboraron os seus propios vídeos. Os centros tamén levaron a cabo as súas propias iniciativas. Un dos máis activos é o CEIP de Quiroga. O instituto desta mesma vila adicou o pasado curso a súa publicación O Eco do Val ao proxecto de xeoparque, un traballo que foi premiado polo xornal El Progreso en varias categorías.

En La Voz de Galicia.

Las montañas de O Courel, primer geoparque de Galicia

La Unesco decidió hoy en París aprobar la concesión de esta categoría a los tres municipios de esta comarca

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

Programa de fiestas agosto 2023 Torbeo