"De Barcelona a Torbeo para reencontrarse coa súa nenez e comezar unha nova vida no rural".

 Entrevista a Carolina Martínez en el https://xornaldelemos.gal

“Case todo o que pisamos na montaña é comestible ou medicinal”, Carolina Martínez, divulgadora de plantas silvestres".

Carolina Martínez González naceu en Barcelona, é neta de inmigrantes galegos e hai 9 anos deixou a cidade condal para volver ás súas orixes, ás súas raíces e vivir na casa dos seus tataravós. Volveu, como ela mesma recoñece, “ao lugar onde pasei os mellores veráns e as maiores aprendizaxes da miña nenez”.

Afincada agora en Torbeo, aldea do Concello de Ribas de Sil, e en contacto directo co medio natural, dedícase a afondar no coñecemento de plantas silvestres comestibles e medicinais e a ensinar o proceso de elaboración de produtos naturais a partir delas. Recoñece que hai un auxe dos produtos naturais e xustifícao dicindo que “a xente dáse conta aos poucos que estamos expostos a moitos tóxicos e isto vese reflectido na nosa saúde. Un pode facer os seus produtos naturais con plantas investindo pouco diñeiro, dunha forma saudable e totalmente personalizados”.

Falamos con “Carol”, nome co que a coñecen as súas amizades máis próximas...

Entrevista completa en https://xornaldelemos.gal/


Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”