A igrexa de Santa María de Torbeo nunha guía turística sobre o románico da Ribeira Sacra.-
Información y fotografías de Mari Carmen Álvarez.
Dende a Deputación de Lugo estase a traballar nunha guía turística sobre o románico da Ribeira Sacra.
Once son os Concellos que conformarán os catro volumes de Lugorománico-Ribeira Sacra. No primeiro deles incluirase o Concello de Ribas de Sil e, como non podía ser doutra maneira, a igrexa de Santa María de Torbeo.
A obra, con texto en galego, castelán e inglés ofrecerá unha breve información acompañada de fotografías. O día 8 de marzo viñeron a facer a reportaxe do exterior e interior da nosa igrexa.