"O de Torbeo foi sen dúbida un mosteiro importante e tamén un notable centro de pensamento...en Torbeo había nesa época unha elite letrada, vinculada ao antigo mosteiro, cun coñecemento moi notable da teoloxía e da simboloxía cristiá" dice Carolina Casal a propósito de su estudio sobre la pila bautismal de nuestra iglesia.
«Esta obra débese a unha elite letrada e cunha boa base teolóxica» A autora do estudo, Carolina Casal, é licenciada e doutoranda en historia da arte. Entre os seus principais intereses como investigadora está o aniconismo, é dicir, o estudo das manifestacións artísticas que non utilizan representacións recoñecibles de figuras humanas ou animais para transmitir mensaxes, preferindo recorrer a motivos de tipo xeométrico.
-¿Como chegou a descubrir o valor desta peza?

-¿O feito de trasladar a peza a esa exposición axudou a apreciar o seu valor?
-Si, porque se non a levasen a esa exposición eu non tería feito este estudo nin chegaría a entender ben a súa singularidade. Hai que agradecerllo á parroquia de Torbeo e ao párroco Manuel Areán, e tamén á diócese de Lugo, porque todos colaboraron para que pía puidese ser levada á exposición.
-¿Quen puido encargar unha obra como esta?
-Eu creo que en Torbeo había nesa época unha elite letrada, vinculada ao antigo mosteiro, cun coñecemento moi notable da teoloxía e da simboloxía cristiá. Aínda que a feitura da inscrición e dos relevos é un tanto rústica, está claro que esta obra foi feita por encargo de alguén que tiña unha boa base teolóxica. Penso que podemos considerar ese núcleo como algo único, porque outras obras similares desa época que se conservan noutras partes de Galicia non mostran un nivel de coñecemento tan alto. O de Torbeo foi sen dúbida un mosteiro importante e tamén un notable centro de pensamento.
www.lavozdegalicia.esUn exemplar de grande tamaño que debeu de servir para bautizar adultos por inmersión.-
![]() |
Carolina Casal |
ten uns 120 centímetros e pesa sobre oitocentos quilos. As súas dimensións -explica Casal- indican que serviu para o bautismo de adultos por inmersión.
A historiadora recorda que esta prática foi moi común na Europa medieval, sobre todo nas rexións onde estaban moi arraigadas as crenzas pagás ou heréticas. As pías empregadas para este tipo de bautismo adoitaban estar situadas en edificios especiais separados das igrexas, coñecidos como baptisterios. No século IX, o papa León IV ordenou trasladar as pías para o interior das igrexas. No obstante, o bautismo por inmersión seguiu praticándose en moitos lugares, o que parece que sucedeu en Torbeo. A pía, segundo as estimacións de Casal, dataría de finais do século XII e sería algo máis antiga que a propia igrexa que a alberga. «Posiblemente usouse para os tres tipos de bautismo: por inmersión, por infusión -botando aos nenos a auga na cabeza- e por aspersión, ou sexa, salpicando a auga cos dedos», agrega.
As orixes da pía e da igrexa, segundo Casal, están vinculadas a un mosteiro que existiu en Torbeo desde a época medieval, do que quedaron diversos rastros na toponimia.
www.lavozdegalicia.es