Adiviñanza

de Mari Carmen Alvarez.-
Hai días que vou recitando inconscientemente unha adiviñanza. Oína por primeira vez no verán do ano 1987 cando, libreta e bolígrafo en mán, pedíralle ó Mingas que lembrase algunha cuarteta que aínda eu non tivese recollida.
-         Mingas, ¿acórdaste dalgunha máis?
El quedou pensando, coa súa cara de neno grande concentrada. Unha luz iluminou os seus ollos de pillo:
-         A ver se sabes esta:
Estudiante que estudiaches
            nos libros de Andalucía
dime cal é a abe
que non ten peito e si cría,
que ós mortos da consuelo
e ós vivos alegría.
Eu, que son moi torpe para as adiviñanzas, quedeime apampada ó escoitalo. Pasaron uns segundos nos que simulei un ceño de concentración, aínda que xa sabía a inutilidade do xesto. El non paraba de se rir e de facerme chirigotas.
-         Pois non sei, non se me ocurre nada. ¿Que é?
Despois de soltar unhas gargalladas, dixo:
-         ¿Non o sabes? Pois é a abella, que ten cría pero non ten peito para criala, que fai a cera, para as velas dos mortos, e o mel para os vivos.
Novamente me sorprendera o Mingas.
Recordar ós que xa non están entre nosoutros é unha maneira de inmortalizalos.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”