Dúas noites de música no mosterio de San Paio con UXIA e Fred Martins

Os días 12 e 13 de agosto, no mosteiro de San Paio, na Ribeira Sacra, en Castro Caldelas, Dúas noites estará adicado á música do Atlántico lusófono. O festival presentará un concerto do compositor brasileiro Fred Martins e o espectáculo “A travesía da saudade”, dirixido por Uxía. O festival, organizado pola Asociación Amigos de Caldelas, acollerá o mércores 12 de agosto a actuación do cantautor brasileiro Fred Martins, que estará acompañado polos músicos Sérgio Tannus,(Guitarras, cavaquiño e mandolina), Isaac Palacín (batería) e Álvaro Iglesias (Contrabaixo). Fred Martins, premiado compositor e representante da Música Popular Brasileira, acaba de editar o seu cuarto álbum, “Guanabara”, e esta é a primeira xira que realiza pola Península. O xoves 13 de agosto,Dúas noites de músicaacollerá o espectáculo dirixido por Uxía"A TRAVESÍA DA SAUDADE”, un percorrido polas músicas de Galiza, Brasil, Portugal e Cabo Verde. Os músicos Sérgio Tannus (guitarras, cavaquinho e mandolina) e Sérgio Salles (teclados) acompañarán a Uxía nun espectáculo no que sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono, do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana. O mosteiro de San Paio, en Santa Tegra, Castro Caldelas, espazo que acolle o festival, é unha das xoias do románico da Ribeira Sacra. Na súa primeira edición, o pasado verán, Dúas noitesestivo adicado á narración oral, coas actuación de Carlos Blanco e Quico Cadaval. Con estas propostas, a asociación Amigos de Caldelas quere sumarse á oferta culturalpara o verán en Caldelas e contribuir a poñer en valor un espazo diferente do rico patrimonio da Ribeira Sacra.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

Programa de fiestas agosto 2023 Torbeo