Diario de Agosto, 5 e 6.

Amanece con néboa, chove e ás trece trinta do dia seis non hai mais de 18º, corto verán, hoxe temos tempo de outono, hai que durmir tapados. Na nosa parroquia os camiños limpos como non estiveron nos ultimos anos, outros encementados ou asfaltados de novo e ás viñas pode accederse con calquera vehiculo. Bo cambio.
As obras que manteran o rio con caudal minimo non acabaran até o 2012, iso di Iberdrola; o baño na praia fluvial tera que esperar. No mesmo comunicado di a empresa que coas obras acometidas en Santo Estevo van crearse 500 postos de traballo, un millon de euros anuais os concellos e unha inversion de 127 millóns de euros, habera plan de vixilancia e seguimento continuo por parte dunha empresa de biologos para preservar o bo estado do rio. Son moitos millóns, moitos postos de traballo; sera verdade? Excelente noticia para os parados da louxa e outros desempregados da zona. Din os do Bloque que a obra esta contra a lexislación comunitaria da Rede Natura 2000 e o impacto ambiental e ben evidente. Agosto é FESTA, asi pode verse na carteleria dos muros, na prensa e na radio os anuncios de festas aquí e ala acapárano case todo..e hai donde escoller: ROMERIA LABREGA en Os Vilares-Guitiriz; festa exaltación dos traballos do campo con carreira de segadoras, arrastre con bois, etc…os dias 8 e 9. FEIRA DOS FERREIROS en Fraga-Ferreiravella; os ferreiros de Riotorto volven a facer gala do seu oficio, o sabado dia 8. MALLA TRADICIONAL en Monterroso este domingo as sete da tarde. FESTA DA NATUREZA en Baleira o domingo dia 9….e outras moitas. En Torbeo aínda non hai nada da organización da festa, nos ultimos anos fíxose poucos dias antes do quince, o ano pasado xa non houbo e imos polo mismo camiño. ¡Ah! colgar istes comentarios na paxina eternizase: A conexión a Internet aquí en Torbeo é lenta, moi lenta e cara. Cando teremos acceso á rede en boas condicións?

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

Programa de fiestas agosto 2023 Torbeo