"Francia interésase por Rozavales e o Camiño de Inverno" que cruzaría por Torbeo-Vilachá-Rozavales ate Monforte de Lemos. XORNAL DE LEMOS.-

 http://xornaldelemos.gal

A orixe xacobea de Rozavales xa xera interese fóra de Galicia. Dende que a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur comezou a reclamar o recoñecemento oficial deste tramo do Camiño de Inverno, que cruzaría por Torbeo-Vilachá-Rozavales ate Monforte de Lemos, foron aparecendo persoas interesadas no informe técnico que presentaron ante a Xunta de Galicia neste pasado verán.

O presidente da asociación de Vilachá, José Castiñeira, vén de recibir unha chamada inesperada. Ata Francia chegou a nova da descuberta, realizada por Gonzalo Navaza (experto en toponimia), da imposición do nome de Rozavales por Afonso IX e motivado polo impulso que o monarca quería dar o Camiño de Santigo.

Bertrand Saint Macary, residente en Saint-Palais e presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago dos Pirineos Atlánticos, buscou a maneira de contactar con Vilachá para expresar o seu interese por Rozavales e polos estudos realizados pola asociación. Ademais puxo a disposición un documento (en latín, francés e castelán) con data do 10 de xullo de 1246. Este texto recolle o intercambio entre o Arcebispo de Compostela e o prior de Santa María de Roncesvalles da igrexa de San Vicente (situado no antigo San Miguel de Francia) co seu hospital de peregrinos, así como os dereitos e dependencias, a troco da igrexa de Santa María de Salvadur (situada na parroquia monfortina de Rozavales).

O documento, así como a conexión entre Roncesvalles e Rozavales, foi presentado nunha conferencia do profesor Saint Macary durante o Curso “Itinerarios culturales europeos: Roncesvalles”, organizado pola Universidade de Navarra nes mesmo mes de setembro do 2020.

Este documento súmase a outros máis polos cales a Asociación de Veciños/as de Vilachá solicita o recoñecemento oficial do trazado histórico do Camiño de Inverno. A aparición deste documento, así como o contacto con Francia, consolidan unha liña de traballo e unha relación. Dende a asociación están convencidos de que “se conseguirá o recoñecemento porque as probas son incontestables. “


                                              Igrexa Rozavales / Asocación Veiños de Vilachá



Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”