"A maioría dos encomendeiros soterrábanse na igrexa románica do hospital e algúns tamén na enxebre románica de Torbeo..."
Referencia a Torbeo y a Vasco de Quiroga https://historiadegalicia.gal/
O Meco da Ermida representa a Prisciliano?
Os días 8 e 9 de setembro esta figura ancestral, acompañado das Pampórnigas, será o centro de atención da romaría da Virxe dos Remedios na Ermida, no concello de Quiroga. Aproveitando que se achega este evento, Xosé Estévez, Historiador e profesor emérito da Universidade de Deusto, reflexiona sobre a hipótese de que 'O Meco' sexa a representación de Prisciliano.
"...Así, destaca que o lugar da Ermida ten un engado especial, lendario e ancestral. A súa situación nun outeiro, un antigo castro dos moitos que enfeitizan a bisbarra, ateigada de vedraias minas de ouro romanas, domina unha bela panorámica do val e semella un vixía esculcante. Nel construíuse un templo e despois unha igrexa cristiá, un lugar de enterramento e posiblemente nos arredores -na praza de San Martiño ou no Hospital quizais- unha “vila” de explotación agraria na época do baixo imperio romano, un precedente dos señoríos feudais. Parece que Prisciliano, un home culto e rico, sería propietario dunha destas vilas. Na idade media apareceu unha imaxe da Virxe traída por un peregrino, pois o camiño de inverno, custodiado polos hospitalarios da Orde de San Xoán de Xerusalén ou cabaleiros de Malta, atravesaba o val, pertencente na meirande parte a unha súa encomenda, cuxa sede achábase no castelo dos Novais. A maioría dos encomendeiros soterrábanse na igrexa románica do hospital e algúns tamén na enxebre románica de Torbeo, onde acouga Vasco Pérez de Quiroga. No epitafio do seu sartego reza esta caritativa e fermosa lenda: ”Cabaleiro que a ninguén deixou morrer de fame”.