Que facer na horta en outubro?
-O exceso de humidade polas choivas e a
posibilidade de que caia algunha xeada recomendan recoller as cabazas que
teñamos na horta, gardándoas nun lugar fresco e enxoito, a ser posible con algo
de herba ou un cartón debaixo.
-Poderemos seguir recollendo pementos, tomates,
acelgas, remolachas de mesa ou porros que temos na horta.
-Como sementeira, dependendo da zona, podemos
empezar a sementar chícharos ou fabas.
-En canto aos transplantes, pódense empezar a
plantar as primeiras cebolas, coles de primavera e as últimas brásicas de
inverno (repolo, brócoli..etc).
-Nas parcelas que nos quedaron libres é
recomendable sementar abonos verdes (nabos, avea, centeo..etc) para evitar que
a terra quede descuberta. Outra forma de protexer a terra núa fronte ás xeadas,
especialmente se é unha horta pequena, é cubrila cunha capa de herba ou estrume
do monte, que se irá descompoñendo durante o inverno ao tempo que protexe o
solo.
-Como no resto dos meses, seguiremos acumulando
materia orgánica (herba, follas, restos orgánicos da cociña….etc) para abonar a
nosa horta en primavera.
Información completa en esta excelente pagina: