Diario de Agosto, dias 3 e 4.


En Torbeo xa temos tempo de verán, aquí na Ventosa chegamos os 25º e na horta hai judias, verzas, repolos, leitugas, allos e cebolas, algun pemento e tomates, moitos tomates aínda verdes, algunha froita e flores, e a fonte que non deixa de botar auga polos caños.
O rio Sil case seco. Xa é a segunda vez que Iberdrola vacia os encoros de San Martiño e Santo Estevo e estes dias empezan as obras dunha segunda central en Santo Estevo (175 megavatios e 200 metros cubicos por segundo de caudal). Hai polemica; ecoloxistas e outras asociacións denuncian o estado actual do rio, a fauna corre perigo. Piden que se paralicen as obras. Iso si; os politicos calan, a cousa non debe ir con eles.
A Torbeo imos chegando pouco a pouco os que vivimos fóra, onte vimos mais casas abertas no Barrio, en Pacios, en Campos, en Lamadepayo, en Moreiras, e xa estan algúns amigos en Paredes e aínda viran mais estes dias; que Agosto, Torbeo, a familia e os amigos CHAMAN.
TRABALLOS DE TODO O ANO A esfenda y a demouca é en Febreiro. Bótanse as patacas en Marzo raioleiro e seméntase tamén trigo marceiro. Bótase o millo da xente por Abril cando o cuco saliu do seu cubil; en Maio longo ha de estar sachado il. Polos dias grandes de San Xohan cóllese a nabiña, o lume novo fan; mércase as fouciñas para segar o pan. No mes da Sega o sol pica moi duro, ó segar o pan, o trigo está maduro; mes de moito traballo e moito apuro. Estamos no Agosto: a malla i a gadaña que quere pouca forza e moita maña; hai que botar os nabos, si barbaña. O de Setembro é mes de San Miguel: apaña de patacas, non hai mes como él; é tempo de ver si os trobos teñen mel. No Outono hai que ir ó San Froilán: mozos, hombres, vellos, nenos, todos van e voltan de presa para outonar o pan. Polo San Martiño o porco non ha berrar, o capón no poleiro tampouco ha de cantar; fanse regos nos prados para regar… O tempo de Nadal é frio e ventureiro. Noiteboa. ¡Si hai leña no unlleiro chegarán os Reises a entrada de Xaneiro! de MANUEL MARIA

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”