LEANDRO; O GAITEIRO DE TORBEO

Gracias a ROBERTO NUÑEZ, hijo de CLEMENTE (hermano de Leandro) , podemos ver estas fotografias de la familia en las que Roberto y Leandro "posan" ...xunto o carneiro. Otras fotografias de esta familia y de la misma fecha (Agosto de 1978) podeis verlas en http://www.flickr.com/photos/24210299@N06/sets/72157604084477170/. Roberto esta restaurando la GAITA que tocaba LEANDRO y conserva una grabación con la MUIÑEIRA DE CHANTADA y la ALBORADA DO VAL interpretadas por el mismo Leandro, nos la va a hacer llegar y ya buscare la forma de "colgarlas en la red" para que podais disfrutarlas. A continuación y como recordatorio a la figura de Leandro os extracto dos articulos; uno de Juanjo Fernandez y el otro de CASTELAO.
O GAITEIRO TRADICIONAL por Juanjo Fernández
"A gaita do fol é un símbolo tradicional europeo dende a idade media, que perdura nalgunhas zonas ata hoxe pero, tal vez, máis que en ningún sitio en Galicia (noroeste peninsular)….. O gaiteiro é un dos persoaxes desta sociedade, igual que o ferreiro, o zoqueiro, o xastre, o cura. …… Gaiteiros hainos de moitos tipos, máis ou menos especializados, maís ou menos centrados no oficio pero, en xeral, a súa vida está marcada pola festa, a foliada e o baile………O gaiteiro tradicional é un ser autodidacta, formado de oído a base de esforzo e tesón….. Pola falta de medios, a máis parte dos gaiteiros escomenzaron tocando pipas de centeo, gaitas de ferraña, de castiñeiro, de biouterio ou cousas semellantes… Despois dalgunha temporada tocando estes instrumentos rústicos chega o día en que poden botar nunha gaita do fol e reafirma-lo gaiteiro que levan dentro, principiando a súa carreira….Poseen certas virtudes, como se desprende do dito anteriormente pero tamén certos defectos, dos que tamén hai que falar, porque entre outras cousas o gaiteiro típico é alguén celoso dos outros gaiteiros, que garda os trucos e recursos musicais para si, temeroso da competencia polo prestixio e a fama pero disposto a copiar ós que tocan ben, ós que destacan, algo, por outra parte extrapolable a outros colectivos, outros oficios… Outro dos tópicos negativos do gaiteiro tradicional é a súa afición á bebida, defecto que pasaría algo máis desapercibido de non se-lo gaiteiro destino das miradas e centro de atención. Tal vez por esta circunstancia é moi popular a expresión molla-la palleta. …"



"O GAITEIRO DE SOUTELO", por Castelao

Namentres acolá en baixo rebulen as xentes con acontecementos inventados polos homes eiquí na montaña as xentes siguen rebulindo cos acontecementos da Natureza. Un día de choiva fai falar máis que un troque de réximen político.No concurso de gaitas de Santiago presentábase o gaiteiro de Soutelo y este acontecemento extraordinario preocupou as xentes como se fose un acontecimento da natureza. E falábase moito e facíanse pronósticos.- Hoxe é o día y-o gaiteiro baixou onte xa.Un feireante duvidou do trunfo, quizais porque alá nos seus tempos escoitou a Ventosela... E as xentes descorazoadas prepararon o esprito pra recibi-la nova d'unha inxusticia.- Os premios danse por empeños e o gaiteiro non-os ten.O día rendeu moito e todos tiñamos un concurso de gaitas nos miolos. ¡Que regalía dos ollos se pudésemos destapa-las cacholas de toda ista xente! porque compre non esquecer que os máis orixinais decorados críanse na maxinación do pobo aldeán.- ¿E si Avelino se corta? Mirai que tocar alí non vos é o mesmo que tocar en Soutelo.E no serán do seguinte día velahí ven Avelino cos seus irmáns -todos vestidos o xeito enxebre- tocando unha muiñeira que lle erguía o rabo ó mesmo canciño de San Roque. O pai do gaiteiro, na porta da casa botou un foguete.Avelino gañara o primeiro premio.- Ben-o decíamos: non hay quen poida co gaiteiro de Soutelo.E as xentes da montaña alentaron con fachenda. Eu entrei con todos na casa do gaiteiro e sentín que tamén me tocaba parte do trunfo porque o arrufío da emoción corríame polas costas. O pai, a nai e o irmán, dende'a sorrisa dos seus beizos, dixeron a unha:- Contade.Y-o irmán paqueno contou:-Eu tamén gañei o terceiro premio. Deixáronme tocar e toquei. ¡Se vise, meu pai, que ben me saiu a alborada!-Pois ganaches un traxe, rapaz.Aquela noite escoitei dende'a cama como as mozas cantabanToca gaiteiriño toca,meniñas, correi a vel-oqu'é moita gaita a gaitiñado gaiteiro de Soutelo.

Castelao, 10 de agosto de 1924.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-