Das tebras do pecado á luz da salvación: o legado da pía bautismal de Torbeo. Carolina Casal.-
“…A monumental pía bautismal de santa María de Torbeo —Ribas de Sil, Lugo— preséntase coma un magnífico exemplo da tradución plástica dos dogmas bautismais; a súa saída cara á exposición Gallaecia Petrea, permitiu a lectura da inscrición que subliña os valores salvíficos do Bautismo coma rito iniciático cristián.
DA “CASA DA PÍA” Á IGREXA MONACAL DE SANTA MARÍA

O certo é que o volume de documentación sobre a igrexa de santa María de Torbeo é escaso ou case inexistente, coma xa indicaron todos aqueles que trataron o tema. A entrada no Arquivo Diocesano de Lugo do Libro de Fábrica 1559-1668 da Abadía de Torbeo, supoño que o único existente, abre un novo camiño nas investigacións e verifica a realidade do complexo monástico (*). Con todo a cronoloxía de dito volume e o texto escrito no mesmo, non aclaran a conformación do ente, o das súas igrexas ou o da pía bautismal.
(*) Arquivo Diocesano de Lugo. . Libro de Fábrica de Santa María de Torbeo 1559-1668. Subliñar brevemente o f.4v e a interesante lista de “Señores Abades de Torbeo” unidos desde 1559 á casa de Lemos da man de Dª Beatriz de Castro, nai do cardeal D. Rodrigo de Castro, e pola mesma familia Cabaleiros da Orde de Santiago desde 1653; e coma un deles, “don Diego de Lossada hizo el [ilexíbel] nuevo y el primero que puso Barca en Torbeo” en 1646; e os seus apelidos sobranceiros “Quiroga”, “Taboada”, “Saavedra”, “Figueroa” ou “Losada”, entre outros. Chama tamén a nosa atención a mención na visita do ano 1627 ou 29 —f.161v— á capela fundada por “Vasco de Quiroga”, donante da Orde de san Xoán de Xerusalén e polo cal pasa á orde en 1154 a primeira institución eclesiástica, o mosteiro de san Clodio en Quiroga. Esta referencia a recolle Crespo Pozo, J. S. Blasones y Linages de Galicia, Vol. IV (A Coruña, 1997), 114-115, situándoa no Arquivo da Catedral de Astorga mais na actualidade como afirman García Tato, I. e Álvarez Álvarez, E. Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental, T. I Época Medieval (Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Xunta de Galicia. Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, 2010), 28, está localizábel. Asemade, seguindo coa referencia de Crespo, afirma a existencia, a finais do século XX, da sepultura de don Vasco en santa María de Torbeo inexistente hoxe en día no templo; supoño que autor debeu transcribir a súa inscrición a través dunha fonte non directa, posiblemente do volume de De Masdeu, J. F. España Goda. Tomo IX, Libro I (Madrid 1791), 479, cuxo autor sitúa a inscrición na igrexa de san Pedro, desaparecida ou localizábel na actualidade. En todo caso, e aínda que nada fica de tal capela, a referencia do Libro de Fábrica vencella a figura nobiliar con santa María e supoñemos que coa fábrica románica do templo —pola coetaniedade— e asemade estanos a falar das boas e estreitas relacións que habería entre o ente monástico de Torbeo e o de san Clodio de Quiroga, e con el tamén cos cabaleiros sanxoanistas.

A PÍA BAUTISMAL DE TORBEO: A CODIFICACIÓN PLÁSTICA DO DOGMA
...A pía bautismal de Torbeo crea un microcosmos simbólico onde Auga e Espírito, Materia e Forma e Luz e Resurrección están presentes e alonxan do seu programa iconográfico as ideas de inercia, repetición ou azar que os esquemas xeométricos soen levar implícitos. De feito, todos eles resultaron seleccionados para se impor sobre a pía pola súa especial capacidade para ilustrar os diferentes aspectos do dogma bautismal, o que nos fai reflexionar sobre a súa autoría e o coñecemento ou non de dito repertorio iconográfico. Realizada, como indicamos, por mestre ou taller “local” e aloxada nunha parroquia “rural” lonxe dos grandes centros artísticos —mais relacionado, o templo, co creativo foco ourensán—, a tosquedade da pía e esquematismo da súa decoración fainos crer na existencia de repertorios específicos, transmitidos grazas aos manuscritos e referidos ao ámbito bautismal; o que explicaría, ademais da repetición dos motivos máis frecuentes nas pías, a concreción simbólica da xeometría representada.
...Realizada nos anos finais do século XII ou incluso nos primeiros anos do século XIII, próxima ao límite cronolóxico do edificio para o que foi creada, a pía de Torbeo lembra a decoracións utilizadas en san Miguel de Eiré ou que se utilizarán en san Fiz de Cangas; que coma as solucións arquitectónicas do templo a vencellan cos obradoiros que están a traballar en Ferreira de Pantón. A distancia abismal entre esta e as pías románicas da zona, xa exposta por Ramón y Fernández, subliña a monumentalidade da pía de Torbeo e incide na intencionalidade simbólica das representacións nas que se codifican as verdades transcendentes ao carón do Bautismo proclamadas pola Igrexa."
Enlace al documento completo: Das tebras do pecado á luz da salvación: o legado da pía bautismal de Torbeo1