Trabajadores de Torbeo en la construcción del Canal de Panamá (1904 a 1914), de Maricarmen Alvarez.-

En más de una ocasión, de pequeño en la cantina de las Moreiras, que además de comercio y cantina era centro de reunión y tertulia de los muchos vecinos que entonces había en Torbeo, oí hablar de los paisanos que años antes habían trabajado en la construcción del Canal de Panamá, igual que de aquellos que iban y venían cada año a hacer la “zafra de la caña” a Cuba. Uno de estos emigrantes fue el  abuelo paterno de Maricarmen Alvarez, estuvo trabajando en aquella gran obra, en Panamá, y  fue su vecino Antonio López “O Toro” quien lo llevo, y  hubo otros de Torbeo y de muchos más pueblos de aquella Galicia de principios del siglo XX  y esto  animo a Maricarmen a estudiar  las circunstancias que determinaron el desarrollo de la obra y  las condiciones de trabajo que padecieron alli aquellos trabajadores de Torbeo y nos lo ha resumido en el siguinte texto.


O TRABALLO DOS NOSOS DEVANCEIROS NA CONSTRUCIÓN DA CANLE DE PANAMÁ 

Cando queda menos dun ano para o centenario desta magna obra, quixera dedicar este escrito a todos os paisanos que contribuíron a ela co seu esforzo, ás veces a costa das súas vidas, e especialmente ó meu avó Manuel Álvarez Álvarez, que con dezasete anos marchou a traballar á Canle de Panamá. In Memoriam.
Segundo Juan Manuel Pérez no seu libro Pro Mundi Beneficio: Los trabajadores gallegos en la construcción del Canal de Panamá, 1904-1914, a Canle de Panamá é unha das grandes contribucións dos emigrantes galegos á historia da humanidade, xa que dos cerca de 40.000 traballadores que estima participaron nas súas obras, di que uns 10.000 foron galegos.
Facendo un pouco de historia, recordaremos que Panamá foi unha colonia española desde o século XVI ata o ano 1821, cando logra a súa independencia de España e cando, por decisión dos seus gobernantes, únese voluntariamente a Colombia.
A herdanza sociocultural hispana que hai en Panamá fixo que este fose un destino atractivo para a emigración. Fálase de tres ondadas de emigrantes: a primeira comprende desde a penúltima década do século XIX ata 1920, coa demanda de traballadores na  construción da Canle; a segunda, os anos da Guerra Civil española e os posteriores; e a última etapa iníciase trala Segunda Guerra Mundial,  novamente por motivos económicos. 
Cabe nomear que nos últimos anos hai un novo éxodo migratorio debido á crise económica que estamos padecendo.
Sendo incuestionable a importancia dunha vía de navegación que unise o Océano Pacífico e o Atlántico sen baixar ata o Estreito de Magallanes, foron os franceses os que iniciaron a construción das obras e fracasaron na tarefa debido á mala organización e corrupción que había dentro da empresa que as dirixía. Finalmente, o 18 de novembro de 1903, Estados Unidos, baixo o mandato do presidente Rooselvelt, firma coa recente República de Panamá (separada de Colombia o 4 de novembro dese mesmo ano) os dereitos de construción, propiedades, maquinaria, etc.  xunto coa ocupación, uso e control da zona, a perpetuidade. Non foi ata o 31 de decembro de 1999 cando a Canle lle foi devolta a Panamá, que a xestiona desde entón.

AS OBRAS BAIXO MANDO ESTADOUNIDENSE
A finais de 1904, organizada unha primeira Comisión que levaba a xestión das obras, xa había uns 3.500 traballadores. Pero eran tales as condicións que en abril do 1905 houbo unha epidemia de febre amarela.
Tralo fracaso do traballo da primeira Comisión, Rooselvelt creou unha segunda Comisión da que John Frank Stevens, o novo enxeñeiro xefe, asumiu o cargo o 26 de xullo de 1905. Baixo o seu mando empezaron a traballar primeiro na creación dunhas boas condicións de vida para os traballadores. Para iso, deuse prioridade ós traballos do Dr. Gorgas, que conseguiu erradicar a febre amarela, controlar a malaria e diminuír a mortalidade dos trabadores da Canle.
Á vez que se axeitaba o lugar, Stevens iniciou o proceso para a contratación de traballadores. Había obreiros norteamericanos en postos especializados (mecánicos, aparelladores, operadores de grúas e escavadoras, electricistas,…) pero faltaba cubrir o grupo que tiña que levar a cabo os traballos máis duros e pouco especializados,  e que, de momento, solo realizaban os afro-antillanos.
SITUACIÓN PRECARIA EN GALICIA
A labranza era a actividade máis importante na Galicia de principios do século XX, pero os agricultores a duras penas producían o suficiente para o seu propio consumo. Galicia era una rexión atrasada, sen industria e, nela,  poucas opcións había: ou quedarse e vivir na pobreza ou arriscarse emigrando á espera de asegurarse un futuro mellor no Novo Mundo. Así, aproveitando as grandes obras de infraestrutura que se realizaron por todo o continente americano, os nosos paisanos ían de traballo en traballo emigrando dun país a outro.
Os primeiros galegos (300-400) chegaron a Panamá desde Cuba cara finais do 1905 para traballar nas obras da Canle. De seguida, vendo a súa capacidade de traballo, quíxose contratar a máis dos que estaban en Cuba, pero a oposición do goberno cubano e os intereses comerciais norteamericanos na illa impediron que se puidera facer. Ante isto, o presidente da Comisión, Stevens, quixo que se iniciasen contactos co goberno español para conseguir, principalmente, traballadores galegos. Un axente da Compañía, LeRoy Park, veu a España en xuño de 1906 con este labor.
Cabe puntualizar que a gran maioría dos españois que chegaban a traballar na obra de Panamá eran galegos, pero tamén houbo algúns doutras provincias: Jaén, Burgos, Soria, Cádiz, Barcelona, Huelva, Santander, Palencia, León ou Vizcaya. Era unha man de obra moi solicitada polo bo rendemento que daba.
A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES EN ESPAÑA
O axente enviado a España para a contratación de obreiros, LeRoy Park, ó chegar marchou directamente a Vigo, ás oficinas de Estanislao Durán  (axente da Royal Mail Steamship Company, unha das compañías de barcos que se utilizaron para a viaxe –a outra foi a “Compañía Trasatlántica”-), que tiña máis de 120 axentes repartidos por toda Galicia e máis de 30 anos de experiencia no recrutamento de obreiros para América do Sur.
Park non tiña unha empresa nada fácil: tivo que borrar a mala imaxe que Panamá adquirira durante o período francés e, á vez, loitar contra o sentimento anti-americano como consecuencia da recente guerra de 1898 (EEUU apoiou a Cuba na súa independencia de España).  Tívose que facer un grande labor de explicación das novas condicións do lugar e dos seus traballadores, así como das condicións de traballo e de vivenda.
Pero non só había desconfianza entre os galegos, o Goberno español era tamén moi reticente, vistas as duras condicións de traballo.  Finalmente, tras varias negociacións, aceptou que, entre 1906 e 1908, partidas de emigrantes viaxasen a Panamá regularmente para establecerse nas obras da Canle.
O 14 de setembro de 1906 partiron os primeiros galegos para a Canle a bordo do Orinoco da Royal Mail e a partir de entón houbo un fluxo constante de obreiros desde España.
Estes primeiros viaxantes serían decisivos na futura contratación pois se os seus informes sobre o traballo e condicións que había eran positivos, os centos que quedaban nas aldeas esperando as noticias tamén se animarían a viaxar.

A NOVA LEI DE EMIGRACIÓN
Dada a enorme masa de emigración cara América Latina en xeral, o 21 de decembro de 1907 aprobouse unha nova lei de emigración, e o 13 de novembro de 1908 o goberno prohibiu, temporalmente, a emigración a Panamá debido ás penurias na viaxe e sobre todo ás malas condicións de traballo e vida para os españois. Intentaron que se revocase o decreto pero o goberno español negouse. A Comisión tampouco insistiu posto que as obras ían progresando e xa non había tanta necesidade de contratación. Ademais, chegaban traballadores sen contrato, que cobraban menos, e que, evidentemente, saltaran a prohibición do Goberno español.
Ata 1911 non derrogaron a prohibición de emigrar a Panamá, fundamentalmente pola melloría nas condicións dos obreiros.
DISTINCIÓN ENTRE TRABALLADORES
A calidade de vida do obreiro durante as obras da Canle dependía de se este era norteamericano ou estranxeiro. O primeiro tiña tódalas comodidades posibles, mellores salarios e beneficios sociais, o segundo non tiña nada. As diferenzas non só eran salariais, había separación de razas en todo: os trens e as cuadrillas de traballo estaban separadas entre negros e brancos; o economato tamén tiña partes para cada un, aínda que os prezos eran iguales.
Había dúas escalas salariais para os traballadores:
-unha nómina de ouro para os norteamericanos brancos, o club dos privilexiados, os que tiñan todos os dereitos e as mellores condicións de vida e traballo
-unha nómina de prata para os demais
Ós galegos, pese a estar na categoría de “pico e pala”, é dicir, cos peóns, tamén se lles pagaba en ouro (20 centavos/h) porque esta fora unha das condicións que esixira o goberno español para deixalos emigrar.
As vivendas dos estranxeiros eran barracóns estilo militar, con liteiras de tres en tres e con capacidade de ata 72 homes por barracón. Hai que puntualizar, iso si, que estaban razoablemente ben desde o punto de vista hixiénico e sanitario.
A dieta empezou sendo insuficiente, con poucas variacións e de baixa calidade, pero coas protestas foi mellorando algo. Houbo algúns que frecuentaban pequenas fondas que outros compatriotas con máis espírito empresarial abriran; alí tiñan a oportunidade de divertirse e relacionarse con paisanos, beber viño nas comidas e estar nun ambiente máis relaxado.
Para as compras de roupas ou outros obxectos, usaban  o economato que tiña a Comisión; funcionaba con cupóns e era exclusivo para os traballadores do ferrocarril e da Comisión, aínda que houbo moitos obreiros que se dedicaban á especulación de talonarios cos donos das fondas.
Fóra das horas de traballo, a vida era psicoloxicamente dura xa que atopábanse nun lugar estraño, lonxe do fogar, tendo que traballar ás ordes duns xefes que non entendían, que se consideraban superiores e dos que recibían un trato vexatorio moitas veces. Por iso trataban de xuntarse para pasar o rato con outros paisanos e contar historias ou xogar ás cartas ou ós dados, cousa que estaba prohibida e era motivo de sanción.
O domingo era o día libre e a maioría pasábao nos campamentos (durmindo ata tarde ou descansando nas liteiras, lavando a roupa, afeitándose, cortándose o pelo ou en grupos contando historias e aventuras), aínda que algúns viaxaban ás cidades de Panamá ou Colón ás veces para ir a prostíbulos. Tamén ían ás fondas e ás cantinas onde atopaban un ambiente amable, alegre e cordial.
Os galegos traballaban solo co pico e a pala, e, en xeral, nos traballos que requirían máis esforzo físico; tamén nas vías dos trens (movendo, reparando e cambiando a dirección). Traballaban de luns a sábado, con sol, con auga e en ocasións con auga e lodo ata a cintura. Se había moito apuro traballaban 24 horas seguidas. As condicións de traballo eran extremas: o esforzo físico, as condicións meteorolóxicas (calor horroroso, altísima humidade, na épocas das chuvias -8 meses ó ano-  alternábanse os chuvascadas co sol abrasador) e tamén os numerosos accidentes (fracturas e contusións nas extremidades, golpes, queimaduras, cortes, …) desgastábanos moitísimo.
Os galegos eran considerados como os mellores traballadores dos que había na Canle polo seu carácter serio, polos seus bos modais, por seren rápidos para aprender traballos novos, soportando moi ben o clima e o traballo. Pero a vida era moi dura e, a pesar dos salarios, algúns trataban de probar fortuna noutros países de América ou volvían a España despois de haber aforrado algún diñeiro antes de finalizar a obra.
En abril de 1908 empezaron a saír os primeiros traballadores para Brasil coa fin de traballar nas obras de construción do ferrocarril Madeira-Mamoré, engaiolados polo que parecían unhas condicións de traballo moito mellores. Esta supuxo unha situación grave para as autoridades da Canle, posto que quedaban sen obreiros e, á vez,  facilitábase o éxodo dos compañeiros que quedaban, cansos dos abusos ós que os sometían os xefes e capataces. Sen embargo, pouco durou esta preocupación: en Brasil atoparon unha situación aínda peor e pronto volveron a Panamá.
En resumo, os constantes conflitos laborais pesaban moito sobre o ánimo dos traballadores en xeral, pois, pese ó bo salario que tiñan en comparación cun obreiro en España nas mesmas condicións de emprego, a súa estancia nas obras da Canle baixo as circunstancias nas que se atopaban supoñía un gran esforzo e sacrificio. E se ás condicións laborais se lle sumaban as condicións de vida, o seu sacrificio era maior dando lugar a un estado de ánimo pesimista, sobre todo vendo que as condicións non eran as mesmas para eles que para os traballadores norteamericanos.

FINAL DAS OBRAS
Cando o 7 de xaneiro de 1914 un barco fixo a primeira travesía completa pola Canle, moitos xa se ían quedando sen traballo. Todos os que querían volver a España eran repatriados, aínda que algúns pedían ir a Cuba onde tiñan familiares. Outros aceptaron marchar a Guatemala para a compañía bananeira, United Fruit Company. Pero tamén foron  moitos os obreiros que, ou formaron familias mentres traballaban nas obras, ou trouxeron as súas  e xa non volveron á terra.
Primer viaje en agosto de 1914

Entradas populares de este blog

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

FIESTAS DE AGOSTO - TORBEO 2024.-