Conocer a Ribeira Sacra; “Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil” …

"Ten as súas raíces no asentamento de eremitas que se refuxiaban nas beiras do rio Sil, para levar unha vida de meditación e oración. Os primeiros testemuños escritos aparecen a finais do século X, nas doazóns que se fan ós seus abades e monxes.
Desde a primeira metade do século XII perteneceu a orde beneditina que construíu o primitivo mosteiro e a igresia. Os monxes realizaron un inxente labor de estimulación da producción agrícola, especialmente o cultivo da vide e dos castiñeiros. A partir de este século cédense as terras aos campesiños a cambio do pagamento de rendas (cartas de aforamento) e o mosteiro recibe a concesión de importantes privilexios reais e goza da protección papal.
Foi un dos máis importantes mosteiros da Ribeira Sacra durante a Idade Media, como o demostran os vestixios das vías de comunicación medievais que conservan na zona, restos de calzadas e a ponte de Forcas.
A súa decadencia comeza coa reforma monástica do século XV e desaparece como abadía o converterse en priorado do Mosteiro de San Estevo a principios do XVI, que permitirá a reconstrucción do claustro e a decoración das ábsidas da igrexa con frescos.
Nel só permanecerá o prior e algún monxe ata a Desamortización, en 1835 data en que pasa a mans particulares e se converte en granxa de labor" (texto completo y mas información en "ASOCIACION CULTURAL OURO DO SIL")
Sobre este monasterio un interesante articulo en el blog de ANTON RODICIO :