Primera obra de teatro en la escuela y bienvenida a tres nuevos vecinos que ya están en Moreiras de Medio.
Información Facebook del Concello.-
Onte a Asociación de Veciños de Torbeo organizou a primeira obra de teatro na Escola de Torbeo. A representación estivo a cargo do grupo de teatro "A Mariña" cunha recreación adaptada de Quixote da Mancha.
Despois da obra estrearon a nova cociña preparando un consomé, tortillas, empanada e un magosto para tódolos asistentes.
Esta foi a celebración de "Entre Bruxas" unha actividade que se intercala entre "Tempo de Bruxas" que se celebra bianualmente na honra da "Bruxa de Torbeo", Filomena Arias. Noraboa a A.VE.TO., que están facendo un gran labor de dinamización da parroquia de Torbeo.
Tamén aproveitaron para darlle a benvida a tres novos veciños que se acaban de instalar en Moreiras de Medio, un matrimonio cunha nena de 7 anos que se convirte na benxamina de Torbeo.


