Quiroga pretende converterse nos próximos meses no municipio galego con máis rutas de sendeirismo oficialmente homologadas...
O Concello fai obras en dous miradoiros e proponse ter media ducia de itinerarios de montaña oficialmente homologados. Montañismo o seu aval para tres novos itinerarios, que se sumarían ao que xa dispón do visado desta entidade e a outros dous que están pendentes de conseguilo. Os voceiros municipais aseguran que esta medida forma parte dun «plan integral de ordenación dos sendeiros» que inclúe outras medidas, como o acondicionamento de miradoiros xa existentes ou a difusión das rutas locais mediante aplicacións tecnolóxicas baseadas en Internet. En Galicia existen nestes momentos 64 rutas de sendeirismo homologadas pola federación de montaña, a entidade habilitada para supervisar o cumprimento das normas vixentes para este tipo de itinerarios. Nada impide sinalizar rutas de sendeirismo sen esta supervisión, pero non entran no catálogo oficial que difunde e promociona o departamento de turismo da Xunta. A cambio, os concellos nos que hai rutas oficiais téñense que comprometer a ma