TORBEO NO BLOG DE QUINTELA (OLEGARIO SOTELO BLANCO)
De nuevo Olegario Sotelo publica en su blog un precioso y extenso articulo sobre nuestro pueblo que incluye una entrevista a la Señora Ubalda, reproducimos a continuación la primera parte y la lectura integra podeis realizarla en http://soteloblanco.blogspot.com/2009/07/senora-ubalda-de-torbeo-unha-testemuna.html . A Señora Ubalda de Torbeo: unha testemuña do paso do tempo Noutro capítulo falei de Torbeo, das súas tabernas e dos taberneiros que máis saben da vida desta parroquia nos últimos cincuenta anos. Lembro que me acheguei por vez primeira a esta aldea cando aínda era un rapaciño, pois fora á xeira dun veciño de Quintela cunha xugada de vacas. Este home precisaba axuda para subir tres carros cargados con trabes que sacara dos soutos que tiña en Torbeo para construír unha casa en Quintela. Para extraer dos soutos as trabes había que realizar un enorme esforzo pola gran pendente pola que había que arrastrar as enormes trabes ata o cargadoiro. Lembro perfectamente que para s...