Así titulo Olegario Sotelo Blanco un interesante articulo que publico ( www.soteloblanco.blogspot.com ) en 2009 y del que hemos extraído lo relativo a las dos tabernas de Torbeo que aun hoy, por suerte y que sea por mucho tiempo, continúan abiertas. De Olegario son también las fotografías que adjuntamos al texto. A taberna do Carabillo Continuando o noso percorrido pola ribeira, a uns oito quilómetros da aldea da Cruz, pero costa abaixo cara ao Sil, chegamos á parroquia de Torbeo, que está situada nun fermoso val entre o río Sil e a Pena do Xastre. Esta parroquia pertenece á provincia de Lugo e ao concello de Ribas de Sil. Foi, sen dúbida, unha das parroquias máis importantes da provincia pois chegou a ter unha poboación de 1.800 habitantes, aínda que hoxe, debido ao galopante despoboamento da Galicia interior por culpa da emigración, ten 170 habitantes e a maioría da xente é maior. Aquí sobreviviron dúas tabernas-comercio que, por desgraza, parecen ter os días contados e están