Entrevista a Carolina Martínez en el https://xornaldelemos.gal “Case todo o que pisamos na montaña é comestible ou medicinal”, Carolina Martínez, divulgadora de plantas silvestres". Carolina Martínez González naceu en Barcelona, é neta de inmigrantes galegos e hai 9 anos deixou a cidade condal para volver ás súas orixes, ás súas raíces e vivir na casa dos seus tataravós. Volveu, como ela mesma recoñece, “ao lugar onde pasei os mellores veráns e as maiores aprendizaxes da miña nenez” . Afincada agora en Torbeo , aldea do Concello de Ribas de Sil, e en contacto directo co medio natural, dedícase a afondar no coñecemento de plantas silvestres comestibles e medicinais e a ensinar o proceso de elaboración de produtos naturais a partir delas. Recoñece que hai un auxe dos produtos naturais e xustifícao dicindo que “a xente dáse conta aos poucos que estamos expostos a moitos tóxicos e isto vese reflectido na nosa saúde. Un pode facer os seus produtos naturais con plantas investindo