Castiñeiros, castañas e magostos...de Mari Carmen Alvarez
“No alto me vexo do meu cocorexo, ladrón vexo vir e non podo fuxir” (o bullote) Foise o verán e empeza o outono, e con el chega o tempo da vendima e do castañal. As árbores perderán a folla ou converterán a paisaxe nun abanico de amarelos, roxos, marróns e dourados. Na nosa aldea hai árbores de moitos tipos, pero ningún tan especial como o castiñeiro. Podémolo atopar por toda Galicia, pero é máis frecuente na parte oriental. Parece ser que a árbore procede do Cáucaso e que a levaron a Grecia no s.V a. de C. dende onde se espallou por Italia, Francia, Portugal e Galicia durante o Imperio Romano. Uns din que o sementaron aquí os romanos hai centos de anos e outros, baseándose en estudios realizados, cren que existía xa en Galicia antes da súa chegada. O certo é que é unha especie cultivada dende hai milenios polos seus froitos e pola súa madeira. As follas e a cortiza úsanse como menciñas, tamén se usa para curtir e tinguir, e incl