"Loli Rodríguez, gañadora do Torrente Ballester de narrativa en lingua galega"
Na Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es 🔔 Suscríbete por solo 1 € al mes durante 6 meses Quiero la oferta Loli Rodríguez, gañadora do Torrente Ballester de narrativa en lingua galega: «Tras o cancro pensei: agora ou nunca» María Salgado REDACCIÓN / LA VOZ Loli Rodríguez, autora da novela «Nailía». Cedida Mestra de formación e celadora de profesión, sobrevivir a unha enfermidade empuxouna a tentar publicar as súas novelas; a última, «Nailía», homenaxea a unha xeración de mulleres coidadoras 13 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h. Comentar · 0 A dozura da súa voz e a fortaleza das súas mans acompañan aos enfermos no hospital, coidan da súa nai nonaxenaria e escriben novelas sobre mulleres que pensan en todos, menos en si mesmas. Loli Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio, tivo unha librería durante dezaseis anos en Vigo e leva outros tantos sendo celadora no Meixoeiro, unha profesión que reivindica porque é un colecti...