"Loli Rodríguez, gañadora do Torrente Ballester de narrativa en lingua galega"
Na Voz de Galicia.
Mestra de formación e celadora de profesión, sobrevivir a unha enfermidade empuxouna a tentar publicar as súas novelas; a última, «Nailía», homenaxea a unha xeración de mulleres coidadoras
13 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A dozura da súa voz e a fortaleza das súas mans acompañan aos enfermos no hospital, coidan da súa nai nonaxenaria e escriben novelas sobre mulleres que pensan en todos, menos en si mesmas. Loli Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio, tivo unha librería durante dezaseis anos en Vigo e leva outros tantos sendo celadora no Meixoeiro, unha profesión que reivindica porque é un colectivo «case invisible, pero cun labor fundamental». A gañadora do XXXVI Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega, concedido pola Deputación da Coruña, coa novela Nailía, escribe desde nena, pero empezou a pensar que era posible publicar tras sobrevivir a un cancro de mama. Agora séntese abraiada, emocionada e agradecida, e soña cunha viaxe a París...