🏗️ MELLORA DO ACCESO Á CAPTACIÓN DE AUGA DE TORBEO
Información publicada en el Facebook del Concello.-
Comezaron as obras de «Mellora de acceso á captación de Torbeo», unha actuación que permitirá aos veciños e veciñas chegar en vehículo ata moi preto da captación, facilitando os traballos de coidado e mantemento das instalacións.
💧 A actuación inclúe tamén a mellora da propia captación, coa instalación de novas arquetas e o seu peche perimetral, evitando así o acceso de animais.
💶 O investimento total ascende a 17.029,84 euros, con cargo ao Plan Deputación.
Esta obra completa outras dúas actuacións realizadas recentemente para mellorar o sistema de abastecemento de Torbeo: o peche perimetral do tanque de auga, executado polos propios veciños coa colaboración do Concello, e a substitución da tubaxe desde a captación ata a estación de filtros, realizada mediante unha subvención da Deputación de Lugo concedida en 2025 a AVETO (Asociación de Veciños de Torbeo).
Nos medios
https://ribeirasacraxa.com/news/comezan-en-ribas-de-sil-as-obras-para-mellorar-o-acceso-a-captacion-de-auga-de-torbeo/133419/

