🌊 NOVOS CONTIDOS NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RÍO SIL CIRS - Torbeo

Información e imágenes publicadas en el Facebook del Concello

 🌊 Finalizou unha nova ampliación de contidos do Centro de Interpretación do Río Sil, situado na Escola de Torbeo,  coa que o Concello de Ribas de Sil continúa mellorando este espazo dedicado a coñecer e divulgar o noso patrimonio.

📚 Instaláronse seis novos paneis divulgativos sobre:

• O Xeoparque Montañas do Courel

• A historia da Escola de Torbeo

• A xeoloxía de Torbeo e o Ollo de Sapo

• Os ríos no Xeoparque

• A idade do río Sil

• Singularidades arquitectónicas como A Pedra Cavaleira

🖥️ Ademais, incorporáronse dúas pantallas interactivas. Nunha delas podemos contemplar un vídeo do río Sil ao seu paso polo Xeoparque e, na outra, unha animación en 3D que explica o funcionamento dun muíño tradicional, inspirada no muíño de Vieiros.

💶 A actuación supuxo un investimento total de 14.996,74 euros, financiado nun 90 % polo GDR Ribeira Sacra-Courel, a través do programa LEADER con fondos europeos.

Un pequeno paso máis para coñecer, conservar e divulgar o patrimonio de Ribas de Sil e das Montañas do Courel.




Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.