📚 LOLI RODRÍGUEZ PRESENTA EN TORBEO A NOVELA NAILÍA

 Información e imágenes publicadas en la cuenta de Facebook del Concello y "Xornal de Lemos"

"Esta tarde, Torbeo tivo unha cita moi especial coa literatura. A escritora Loli Rodríguez Rodríguez regresou á súa aldea natal para presentar ante a veciñanza a súa última novela, Nailía, unha obra que continúa sumando importantes recoñecementos no panorama literario galego.

🏆 Nailía vén de ser distinguida co II Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026. O xurado destacou a riqueza da linguaxe empregada pola autora, a autenticidade da súa voz narrativa e a capacidade para construír un universo literario profundamente enraizado e de gran credibilidade. Este novo galardón súmase ao Premio Torrente Ballester de Narrativa en Galego 2024, reforzando o percorrido dunha obra que está a obter un importante recoñecemento.

❤️ Pero hoxe o protagonismo estivo en Torbeo. Presentar Nailía no lugar onde naceu a súa autora converteu o encontro nun acto especialmente próximo, no que literatura, raíces e pertenza á terra estiveron moi presentes.

Na mesa, durante a presentación, acompañaron a autora:

📖 Antonio Paz, en representación da Asociación de Veciños e Veciñas de Torbeo.

📖 Luis Fernández, concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Ribas de Sil.

📖 Rocío Rodríguez, da Librería Pelayo de Monforte de Lemos e editora de Peruchela Edicións.

Xunto a decenas de veciños e veciñas de Torbeo e persoas visitantes que estan pasando uns días de festa, e que tiveron a oportunidade de falar coa veciña e escritora e pedir que lle asinanse o seu libro.  

👏 Desde o Concello de Ribas de Sil queremos felicitar novamente a Loli Rodríguez polos premios acadados. É un orgullo que unha autora nacida no noso concello continúe levando consigo o nome e as raíces de Torbeo e de Ribas de Sil a través da literatura.

Parabéns, Loli, e por moitos éxitos máis!"

https://xornaldelemos.gal/cultura/

"Loli Rodríguez presenta en Torbeo a súa última novela, Nailía

Este sábado, 15 de agosto, no marco das festas de verán, Torbeo tivo unha cita especial coa literatura. A escritora Loli Rodríguez Rodríguez regresou á súa aldea natal para presentar ante a veciñanza a súa última novela, Nailía,

CulturaRibas de Sil"



Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.