"En Torbeo está previsto construír unha pista polideportiva e instalar un pequeno punto limpo..."

 Entrevista al alcalde del concello Roberto Castro en www.lavozdegalicia.es

O rexedor prevé habilitar novas infraestruturas turísticas no municipio e fomentar o asentamento de novos veciños.

-Temos proxectado un centro de interpretación do ferrocarril, porque a capital municipal xurdiu grazas a el. Xa reunimos antigos materiais ferroviarios para mostrar nas súas instalacións e o proxecto está redactado...

...Temos previsto incrementar os contidos do Centro de Interpretación do Río Sil, en Torbeo, que é o segundo que se abriu no municipio. Pero tamén estamos pensando en crear un centro de interpretación da pesca fluvial, un proxecto que aínda está no seu inicio. A pesca no Sil foi en tempos un medio de vida para moitos veciños e agora segue sendo unha actividade importante. Así que en total serán catro centros de interpretación, o que non está nada mal para un concello pequeno como este.

Que outras cousas está previsto facer?

—Con estes presupostos, por unha parte, habilitaremos novas áreas de lecer. Unha delas será la chamada Horta do Cura, en Torbeo, onde está previsto construír tamén unha pista polideportiva e instalar un pequeno punto limpo. Imos facer tamén unha área recreativa xunto a residencia de maiores que poderá ser utilizada polos residentes e por todos os veciños. Neste espazo haberá unha horta que poderán cultivar os maiores. Outra actuación consistirá en construír un aseo público na praia fluvial de San Clodio que preste servizo aos visitantes cando estea pechado o restaurante que hai neste lugar. Paréceme tamén moi interesante o feito de que imos adquirir unha varredora industrial, algo que non creo que teñan moitos concellos deste tamaño.


Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.