BANDO del concello del pasado 27 de abril con recomendaciones importantes.-

 O alcalde de Ribas de Sil:

FAI SABER

Coa chegada do bo tempo e ante a necesidade de garantir a seguridade pública, a prevención de incendios e a salubridade da nosa contorna, esta Alcaldia lembra a todos os veciños e veciñas a obriga legal de manter as parcelas e predios en adecuadas condicións de limpeza e ornato.

De conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como na restante normativa de aplicación, ESTABLECENSE AS SEGUINTES OBRIGAS: 

Primeira. As persoas propietarias ou usufrutuarias de solares ou terreos situados en núcleo urbano, que linden con edificacións ou coa via pública, deberán mantelos debidamente rozados e completamente libres de lixo.

Segunda. As persoas propietarias de terreos lindeiros con camiños e estradas deberán podar as ramas das árbores que invadan ou sobrevoen os mesmos. Así mesmo, no núcleo urbano, os terreos deberán estar correctamente valados.

Terceira. Deberá procederse à adecuada xestión da biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros arredor do solo urbano, núcleo rural e solo urbanizable delimitado, asi como arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte.

O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar a adopción das medidas legais oportunas, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse, especialmente no caso de que se produzan situacións de risco ou danos.

A colaboración cidadá resulta fundamental para evitar riscos innecesarios e para proxectar unha imaxe de coidado e respecto polo noso patrimonio natural e urbano. Un concello limpo è un concello máis seguro para todos.

Ribas de Sil, a 27 de Abril de 2026

O alcalde de Ribas de Sil

Roberto Castro González




Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.