CONCURSO LITERARIO E TEMPO DE BRUXAS.



O Concello de Ribas de Sil e a Asociación de Veciños de Torbeo (AVETO) organizan a primeira convocatoria do “Tempo de Bruxas”, que terá lugar o sábado 18 de outubro de 2025 en Torbeo, núcleo pertencente a Ribas de Sil, situado dentro do Xeoparque Montañas do Courel e da Ribeira Sacra.

A festa estará dedicada a Filomena Arias, coñecida como a Bruxa de Torbeo, unha figura popular que, na primeira metade do século XX, axudou a moitas persoas con problemas de saúde ou na procura de obxectos e mesmo de persoas desaparecidas. Considerada unha meiga branca, existen numerosas testemuñas da súa actividade, e mesmo aparece en obras destacadas da literatura galega, como Pauto do Demo, de Ánxel Fole.

O vindeiro 8 de outubro farase público o programa completo, que incluirá un percorrido polos lugares máis significativos da vida de Filomena, conferencias, a entrega de premios dun concurso literario e outras actividades de carácter máis festivo. Tamén se ofrecerá a posibilidade de xantar en Torbeo.

Xunto coa presentación do “Tempo de Bruxas” publicamos as bases do concurso literario dedicado a Filomena Arias, que conta con distintas categorías. As bases están no enlace seguinte:

https://drive.google.com

Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.