Fiestas de agosto 2025 en Torbeo. Pregón a cargo de Pilar Rodríguez.-

Concello de Ribas do Sil:

🌟 Arrincaron as Festas de Torbeo cun pregón cheo de boas lembranzas 🌟

Onte pola tarde déronse por abertas as Festas de Torbeo cun emotivo pregón a cargo de Pilar Rodríguez. Con residencia en Albacete, Pilar regresa cada ano —desde nena— á terra dos seus antergos para conectarse coas raíces e desconectar do seu intenso traballo como enxeñeira na construción de liñas de ferrocarril en España, Chile, Colombia, Israel e mesmo no trazado interno de Disneyland París.

A pregoeira foi presentada por Mario, presidente de AVETO. No acto tamén se descubriu o cartel da vindeira Xornada “Tempo de Bruxas”, prevista para outubro, da que se darán máis detalles nas próximas horas.

Nas imaxes: o cartel, e Pilar acompañada polos seus pais e pola concelleira de Ribas de Sil, Fina Alonso, que xunto ao concelleiro de Cultura quixeron estar presentes no inicio da festa.

Foi unha tarde de excelente ambiente, chea de reencontros entre vellos e novos, cun emocionado recordo para quen viviu Torbeo e xa non está. 💛

#Torbeo #FestasDeTorbeo #Pregón #TempoDeBruxas 

 La intervención de Pilar completa en este video:



Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.