La TVG graba un programa en Ribas de Sil, incluyendo también la visita a Torbeo.
Nota del Concello en su cuenta de Facebook: https://www.facebook.com
📺 A Televisión de Galicia visita Ribas de Sil! 🌞
Hoxe tivemos a honra de recibir ao equipo do programa "Sen Código Postal" da Televisión de Galicia no noso concello. Durante toda a mañá e a tarde estiveron gravando diferentes puntos emblemáticos do noso territorio.
Con Juancho, cociñeiro da praia fluvial e excelente cicerone, como guía, visitaron lugares como a praia fluvial, a estación, a Abadía, o Pazo da Costa, os nosos xeomiradoiros, o Museo da Minaría e tamén a parroquia de Torbeo.
O carteiro do programa percorreu camiños e parroquias interpretado polo actor Víctor Fábregas, mestre, actor e dramaturgo nado en Muros, coñecido por series tan emblemáticas como Pratos combinados ou Land Rober. Tamén estivo con nós a coñecida youtuber Anita, achegando o seu estilo persoal e divertido.
Entrevistaron a veciños e veciñas, que pronto poderemos ver na emisión do programa. Avisarémosvos da data para que non volo perdades!
🎥 Un día cheo de vida, cultura e paisaxe no corazón da Ribeira Sacra e do Xeoparque Montaña do Courel!