A Deputación arranca as obras para reparar a estrada provincial danada polas choivas en Ribas de Sil.-

 Tras aprobar na Xunta de Goberno do venres a declaración de emerxencia dos traballos, que requiren dun investimento de 85.000€, a institución comeza de inmediato as actuacións para arranxar o afundimento da LU-P-5303 no quilómetro 5,200, cun prazo de execución de dous meses.



 Deputación de Lugo arrancou este luns as obras necesarias para reparar os danos provocados polas intensas choivas de principios deste mes na estrada LU-P-5303, á altura do concello de Ribas de Sil, en concreto, no punto quilométrico 5,200, que sufriu un afundimento.

Desta forma, unha vez que a Xunta de Goberno aprobou o pasado venres a declaración de emerxencia dos traballos para poder acometelos con maior axilidade, a institución inicia de inmediato as actuacións, que requiren dun investimento de 85.000€ e teñen un prazo de execución previsto de dous meses. 

Consisten na restitución do sostemento da estrada como consecuencia do colapso do muro e a pavimentación con aglomerado en quente do firme da zona afectada. A empresa encargada é Excavaciones Goni, a adxudicataria do contrato de conservación das estradas provinciais nesta zona da provincia.

A vía continuará cortada ao tráfico por seguridade, con desvíos alternativos debidamente sinalizados, ata a finalización das obras.

Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

FIESTAS DE AGOSTO - TORBEO 2024.-

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.