Luis López González (hijo de Milucha y Darío) pregonero de la Fiesta de la Cereza en San Clodio. En el mismo acto el alcalde anuncia un "proxecto de crear un pantalán na Cubela"

Información de "OSIL.INFO".-

“Esta zona do río Sil é unha das máis importantes de minaría aurífera no Imperio romano”

Así o destacaba este doutor en arqueoloxía no seu pregón na XIX Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite en Ribas de Sil

Os nosos produtos deben seguirse ensalzándose, como facemos hoxe aquí, avanzando nas novas ideas, pero sen perder de vista o noso pasado, a tradición, as nosas raíces. Pretendo seguir estudando o noso pasado para poder mellorar o noso futuro, viva esta terra e vivan os nosos produtos”. Como arqueólogo, pero sobre todo como veciño de Torbeo, falaba no seu pregón da XIX Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil o investigador Luis Francisco López González neste mediodía na praia fluvial de San Clodio.

O pregoeiro tomaba a palabra pasadas as 13h. deste domingo 11 de xuño, tras ser presentado polo alcalde en funcións de Ribas de Sl, Miguel Sotuela, quen destacaba a “longa traxectoria en investigación” e o amplo curriculo de López González, doutor en Arqueoloxía e Prehistoria pola Universidade Complutense de Madrid. Ademais resaltaba a súa vinculación tanto persoal como profesional con este municipio. “Non é a primeira vez que o temos en San Clodio, hai xa uns 20 anos fixemos unhas xornadas sobre a mineria romana en Ribas de Sil e un dos ponente principais foi el. E, a partir de aí empezamos a traballar o tema da minería”...

Tras a lectura do pregón, o alcalde en funcións de Ribas de Sil, entregáballe como agasallo unha reprodución da ponte de ferro de San Clodio, obra da artesá Chus. E ante o presidente da Deputación de Lugo en funcións, José Tomé, un dos representantes políticos asistentes ao pregón, comentaba o proxecto de crear un pantalán na Cubela, e pedíalle que cando este proxecto chegase á Deputación provincial, “o miren con agarimo”.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”