O meandro da Cubela, Torbeo, no novo camión da basura do concello.-

www.facebook.concelloderibasdesil. -

Dentro de 15 días comezará a traballar o novo camión da basura. Foi unha inversión de 130.000 euros financiada únicamente con fondos propios do concello...Contando co espazo da caixa, quixemos aproveitalo para facer promoción do noso xeoparque "Montañas do Courel". Valores moi importantes dos xeoparques mundiais son a xeoconservación e o respecto polo medio ambiente, que neste caso van da man na decoración do camión. Semella que pode ser unha boa idea exportable ós outros dous concellos que forman o noso territorio.