"Do teatro á música nas noites da fin de semana de xullo no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio"

Teatro, maxia, música e circo. Son as propostas do Concello e Ribas de Sil para o mes de xullo, actividades que se desenvolverán no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio.
A programación cultural arranca mañá sábado 4 de xullo ás 22h. co monólogo de José Mañana Capelán, “Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea”. Ao día seguinte, dommingo 5 de xullo tocaralle o turno ás “Manualidades” do novo circo de Javier Lago, a partires das 20h.
A seguinte fin de semana, 11 e 12 de xullo, ata San Clodio achegarase o mago Javier Muro coa súa “Fantasía Máxica” o sábado ás 22h; e o clown Arturo Cobas que porá en escena “Nono”, o domingo ás 20h.
O sábado 18 de xullo tocaralle o turno ao grupo de teatro local Augas do Sil que actuará ás 22h. E o domingo 19, ao contacontos Caxoto que trae ata San Clodio “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.
A última fin de semana do mes, haberá música da man do dúo de violín e piana Yoantonio, o sábado 25 ás 22h; e novo circo con Aitor Garuz e “O autoestopista intergaláctico”.

"Cartel oficial da programaciòn cultural para o mes de Xullo"

www.facebook.com/concelloribasdosil


Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-