El pasado fin de semana un grupo de excursionistas del Club Vía Láctea, de Santiago de Compostela, recorrió la ruta circular Castro de Abaixo a Torbeo por la Cubela y regreso por Souto.
En su pagina web (http://clubvialactea.es/index.html) podeis ver las distintas actividades que organizan, imágenes
de las rutas que realizan y toda la información necesaria para sumarse a sus
excursiones; “Somos un grupo aberto
que ofrece participar nas actividades organizadas polo club sen necesidade de
pertencer ou ser socio do mesmo; o único requisito para poder participar en
cualquera das nosas actividades e ter a Licenza actualizada da Federación de
Montañismo ou un seguro de accidentes puntual que cubra posibles accidentes
durante a práctica deste deporte. Estamos rexistrados na Federación Galega de
Montañismo e facilitamos a tramitación das licenzas anuais.”.
"O camiño discorre por terras da parroquia de Torbeo
e remata na aldea de A Cubela. As paisaxes características do Canón do Sil
móstranse en toda a súa beleza ó largo do itinerario, que conta cunha variada
flora autóctona. Nas proximidades da ruta, combínanse os vestixios
arqueolóxicos, o patrimonio románico, a arquitectura tradicional e as típicas
terrazas vitícolas da Ribeira Sacra. Trátase dunha ruta circular de dificultade
media. O camiño completo ten 14,7 quilómetros e pódese recorrer en 4 horas.
A ruta comeza atravesando a ponte de Augasmestas,
dende aquí hai que camiñar pola estrada que conduce a Castro de Abaixo. Ó
aproximarnos a esta aldea, xa podemos contemplar algúns vestixios dun
asentamento castrexo e dunha explotación aurífera romana. Tras cruzar o pobo, xunto á última casa,
encontrámo - lo camiño que nos levará ata A Cubela pola marxe dereita do Río
Sil. Logo de percorrer 200
metros, cruzámolo rego das Chenzas. 50 metros máis adiante o
camiño bifúrcase. Collemos cara á dereita e entramos nunha zona de monte baixo
dende o que podemos admirar a con fluencia do Río Lor co Río Sil, no lugar de
Augasmestas, aldea de Covas, famosa polas explotacións auríferas. Seguindo polo
sendeiro, aparecen as primeiras mostras de vexetación mediterránea: aciñeiras,
sobreiras e érbedos principalmente. Tras camiñar sempre preto do río acabamos
cruzando o rego de Ribón, onde se poden contemplar unhas fermosas fervenzas. 500 metros máis adiante,
aparecen mesturadas coa vexetación mediterránea, árbores típicas do clima atlántico:
carballos, castiñeiros, loureiros, etc. Entre unha vexetación tan variada,
podemos admirar antigos bancais para o cultivo do viño. Un quilómetro máis e
saímos da zona de bosque e volvemos a camiñar por entre o mato. Cada vez a
espectacularidade das vistas e das paisaxes é máis patente. Xa chegamos ó
treito final ata A Cubela que está situada sobre un meandro de case 180 grados
deseñado polo río Sil. A Cubela está asentada sobre unha vella explotación
aurífera romana e a arquitectura tradicional das súas vivendas consérvase en
moi bo estado.
Podemos regresar ó punto de partida pasando por
Torbeo, San Lourenzo, Moreiras e Castro de Abaixo, polo antigo paso coñecido
como Camiño de Inverno. Onde nos atoparemos ca Pena Tallada e unha igrexa
románica caracterizada pola súa beleza: Santa María de Torbeo." (Texto recogido de su pagina web)