O segredo desvelado da pía románica de Santa María de Torbeo

Un estudo resalta a excepcional riqueza simbólica dunha peza pouco coñecida.

FRANCISCO ALBO
A revista Compostellanum, editada pola arquidiócese de Santiago, publicará proximamente un amplo estudo sobre a pía bautismal da igrexa de Santa María de Torbeo -en Ribas do Sil- que resalta o valor desta peza pouco coñecida, situándoa como unha das mostras máis singulares da arte cristiá medieval da Ribeira Sacra. A conservadora do Museo Diocesano de Lugo, Carolina Casal, é a autora do estudo, o traballo máis importante sobre esta peza que ata agora pasou praticamente desapercibida para os especialistas. A única publicación que se lle dedicou con anterioridade foi un artigo asinado por José Ramón y Fernández, aparecido en 1946 na revista Archivo Español de Arte, que -ao contrario do traballo de Casal- non analiza en profundidade a decoración da peza e o seu significado.

Casal puido estudar a pía bautismal cando a peza foi trasladada a Santiago para ser exhibida na exposición Gallaecia Petrea. Na súa ubicación orixinal na igrexa de Torbeo -á que foi devolta o pasado abril- non era posible observar en detalle a totalidade dos relevos e a inscrición que rodean a copa da pía. Na súa investigación, Casal contou coa colaboración de José Andrade de Ana Suárez, profesores da Universidade de Santiago.
A investigadora defende que a decoración da pía é un conxunto coherente de símbolos que aluden aos diferentes aspectos do dogma do bautismo e que utilizan códigos tradicionalmente asumidos pola arte cristiá medieval. A súa interpretación difere totalmente das escasas referencias escritas que hai sobre esta obra, que consideran estes gravados como unha decoración caprichosa e carente de significado. «Os deseños son bastante toscos e seguramente son obra dun mestre local rural -explica-, pero o uso dos símbolos indica que o traballo foi feito segundo as indicación de persoas cun coñecemento importante da teoloxía e dos códigos artísticos da época». Por outro lado, agrega, «nas demais pías bautismais desa época que se conservan en igrexas rurais galegas non se ve unha condensación de mensaxes tan densa como a desta peza, que nese sentido pode considerarse única».

Tres bandas decoradas.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-