Olegario Sotelo Blanco escribe no seu blog: “…vou a Torbeo de cando en vez, pois sempre me fascinou percorrer este val que para min é un dos máis fermosos de Galicia”.

Y una de sus recientes visitas fue a las pasadas fiestas del "quince de agosto" donde le vimos atento al desarrollo de la procesión y demás aspectos de nuestra fiesta.  Pocos días despues publica en su blog un excelente artículo que podéis leer  en este enlace a su  BLOG DE QUINTELA  rememorando las fiestas de Torbeo en  su juventud y otros recuerdos y vivencias con amigos y vecinos de Torbeo.
                Estas son algunas de las fotografías que Olegario realizo en su visita a las fiestas...




O 15 de agosto pódese dicir que Galicia enteira é unha festa. En calquera recanto da nosa terra celebramos a Asunción da Virxe María que, ademais, adoita ser a patroa da maioría das parroquias. Para min esta data sempre tivo unha significación especial porque dende ben noviño ía coa miña familia á festa que se celebraba en Torbeo. Os rapaciños acudiamos cos mozos e as mozas de Quintela ata a Pena do Xastre e alí xa nos xuntabamos co resto dos veciños da parroquia de Mazaira e dun xeito festeiro baixabamos a costa, pasabamos pola primeira aldea do camiño, as Pozas, para chegar deseguido ao campo da festa, tomar unha xerra de cervexa con gasosa en grupo –que nada ten que ver co botellón de hoxe en día–. Entón era cando comezaba a festa propiamente, dende as cinco da tarde ata as doce da noite. Cómpre dicir que só uns poucos, os que xa eran mozos, quedaban á verbena. Pola mañá só acudían como convidados á festa relixiosa e gastronómica os que tiñan familia ou amigos na aldea de Torbeo.
Estando eu xa na emigración, e como as vacacións do verán coincidían co 15 de agosto, acudía sempre que podía a esa entrañable festa que se celebraba en Torbeo. Unha vez que fixeron a pista, podiamos ir en automóbil, feito que facilitaba o esforzo físico que tiñamos que realizar ao rematar a festa para volver a Quintela. O camiño a pé levábanos facelo unha hora e media, pero facíase ben pois iamos entretidos coas paroladas, cos contos e con algunha que outra conquista, porque no traxecto había tempo para todo. Ou sexa, que a festa non remataba en Torbeo, senón que continuaba ata que chegabamos ás nosas casas.
Como xa había uns cantos anos que non acudía a esta festa, dicidín ir neste verán do 2011. Pero quero deixar claro que vou a Torbeo de cando en vez, pois sempre me fascinou percorrer este val que para min é un dos máis fermosos de Galicia. É posible que non só me sinta atraído pola xeografía onde está situada a aldea de Torbeo, que aínda que pertenece á provincia de Lugo só está separada de Caldelas pola Pena do Xastre e polo río Sil, o cal dende Torbeo ata Santo Estevo serve de lindeiro entre as dúas provincias, pero dende aquí e ata a aldea da Cubela o río discorre pola provincia de Lugo nas dúas ribeiras. Posiblemente o cariño que lle teño a estas terras vén de moi antigo, pois desta parroquia era a miña avoa Carme. Polo tanto, teño raíces ancestrais aquí e tamén moi bos amigos, por exemplo, Antonio Carabillo. Na súa taberna paso horas aprendendo moito porque Antonio, ademais da súa amabilidade, é a persoa que máis sabe das tradicións desta comarca. Ás veces, acompañado doutros amigos imos tomar un grolo de viño á taberna de abaixo, taberna-supermercado que dende hai máis de cincuenta anos está rexentada pola señora Obdulia e mais polo seu marido. Nos andeis aínda podemos atopar un pouco de todo. No local contrasta a modernidade co pasado, así podemos ver un moderno televisor de plasma ao carón dun vello aparato de radio, o cal, segundo os seus donos, foi o primeiro que houbo en Torbeo cando chegou a electricidade. Estes taberneiros son moi amables con todo o mundo, e a retranca galega aparece na señora Obdulia cando vas acompañado dalgunha persoa que ela non coñece: «E logo vostede, de quen vén sendo?», pregunta ela. Tamén é sempre moi agradable atoparse e falar con Antonio Díaz, un home que, aínda que vive e traballa en Albacete, aproveita calquera momento para volver á súa casa natal de Torbeo e pasar nela aínda que só sexan unhas horas. Este bo amigo xa leva algún tempo escribindo no seu blog todo canto acontece na parroquia ou no concello

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

Programa de fiestas agosto 2023 Torbeo