Marmelada de Amoras
(1 kg de amoras, 400 gr de azucre)
- Limpar ben as amoras
- Triturar as amoras co batedor
- Nun cazo, poñer as amoras e o azucre e cocer a lume suave
- Remover de cando en vez
- Cando empece a alcanzar a consistencia de marmelada desexada, retirar do lume (cando se arrefría a marmelada, vólvese máis espesa)
- Introducir en tarros esterilizados e colocalos boca abaixo