Diario de Agosto, 7 e 8

As noites e as mañás frescas, case frias, polas tardes temos sol. Desde onte estan de festas en Quiroga e na visita ao matadoiro municipal para pesar o terneiro que vendeu Neli, 231 k de de boa “rubia galega”, puidemos ver as tenreiras que estes dias imos comer na zona; quince e outras tantos cordeiros e cabritos. Hai que coidarse!. Pepe ten o seu particular censo de vacas na parroquia e son poucas mais de sesenta, aproximadamente a metade súas. Algun dia houbo centos.
Volvemos a ver algun cogomelo e aínda que a nós nos pareceu estraño din que ocorre, de cando en vez pero tamen en agosto algúns anos poden collerse e comerse estes deliciosos fungos.
Lemos unha historia na prensa que é difícil de crer; o crego que vende a casa reitoral por sesenta mil euros e agora esta a venda por seiscentos oitenta mil despois da súa reforma. Os veciños de Covelo poñen o berro no ceo; ¡pero se é nosa, se se fixo e conservou co noso diñeiro e esforzo!. Sen comentarios.
O trafico pola nosa estrada aumenta por horas, e xa son varias partidas de cartas nas cantinas, isto anímase e mañá vén Kike.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”